ameazas
Esperto na mañá do domingo cunha chamada. Non coñezo o número, collo, e empezan a berrarme: que me van espichar na catedral de humidtown, que me van romper os lentes… Colgo. Despois, claro, chamo eu e desenvólvese un diálogo por teléfono e logo por sms do máis inacreditábel. Ao parecer unha paisana, falante de español rururbano, contratou un detective que lle dixo que eu estaba acosando o seu mozo, co que ía casar. E a paisana ameázame con cortarme os collóns se non paro (sé dónde vives, sé donde trabajas).
Repaso a chorvoaxenda e non atopo nada. E menos nestes últimos meses, en que a miña vida sexual e sentimental foi tan relaxada.
Os heteros están fatal. E eu un pouco (pouco) asustado.


Leave a Comment