espazo
A vella Tarazana coñeceu unha vez un señor alemán que chegara en iate a ankara. Viaxaba así dende había cinco anos, e quedábanlle dous, porque a cada sete trocaba por completo a súa vida: lugar, ocupacións, quizais lingua… A historia foime contada na adolescencia, e no apampe propio da época non pescudei na metodoloxía nin lle preguntei onde estaba a lista pra apuntarse.
Estas tres semanas de vacacións, con e sen berlín, con e sen febres, con e sen Barataria, remexéronme aínda máis a cabeza: cavilo que vai ser necesaria non só unha mudanza de ocupación, senón tamén un cambio de espazo. Porque o tempo, anque eu non queira, achégase vertixinosamente ao troco de prefixo.


Leave a Comment