idades
Quedo cun rapaz de vinte anos cando xa é madrugada. El ocúpase da prancha nun restaurante que pecha a cociña ás 2:30. Vén foder á miña e trae todo o fritido do mundo sobre a pel, un lombo adolescente inzado de cráteres e un ricaz galego de humidtown, do que medra nos barrios dos arrabaldos rurais. Tímido pero con intención, facemos algo que resulta divertido e relaxante. Despois vístese pra que o leve á casa en coche, pois agardan os pais por el. Cando senta no bordo da miña cama pra vestirse, véxolle ben a barriguiña, miro pró seu perfil brando, observo a forma de meter os calcetíns… seguramente os mesmos cós do seu avó, cós do seu pai. As tres idades: unha foi á guerra, outra á emigración e esta sae do armario pra construír un país novo. Ou algo.


Leave a Comment