Cando se apaga a luz no cuarto 309 do parador de humidtown e comezo a acariñar a pel máis tersa e fermosa de todo o estado de sãopaulo, reviso todo o que deu a noite: unha porrada de risos, historias despropositadas, ferretes na floresta negra alemá sorprendidos pola polícia, copas con elton john e alanis morrisette, clubbing de a 60 pounds, a illa de miconos, dinamarca, chile, libros de autoaxuda, colombia, nova york, un namorado actual que resulta ser un dos decoradores de máis sona en todo o reino unido, un bon exercicio de fala brasileira, detalles sobre a patisería do ritz e incluso unha fabulosa forma de entrarlles aos rapaces.
Se este Foodstyler, que é sen dúbida a persoa máis rica á que lle zugo a pirola, fose un ser sensato no sexo, habería que abandonarse e buscar piso nas proximidades de oxford circus. Encaixábel nese patético modelo que podemos denominar “que ben o fas”, consigo que el diga que está a gozar e pouco máis.
Érgome cando aínda non é a alba. Despréndome dese mundo que non me pertence, baixo a recepción e recollo a bicicleta que deixei aparcada xusto diante do parador. Coma un señor.


Leave a Comment