Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive

xibuti
Paso un par de días na estrada baixando e subindo de lisboa por nacionais (algo tamén por autoestradas, cando os nervios me rompían). O día que queda no medio invístoo en pasear pola cidade, sen moito rumbo, con Iop, gastando as pernas contra as costas e os lastros. Á tarde visitei algunhas tendas moderniñas, fun ao museo do chiado (moi divertido erwin wurm) e de remate ao teatro ver a primeira parte do ‘Ensaio sobre a cegueira’. Logo de 1:40′, ao chegar ao descanso, pensei que nin a excelente escenografía nin uns pobres sobreactores foran quen de prenderme a unha historia que non me achegaba nada. E lisquei.
Recólleme Iop e imos cear nun sitio cutreiro bacallau esfarangullado e picaña con crema de col. Despois café e gintónicos polo bairro alto. Finalmente a nunca tan belida Iop retírase e quedamos eu e as nasas. A miña idea era buscar algo interracial, e ooop, cae Adén. Camareiro nun restaurante en bruxelas, Adén é preto, musulmán e circuncidado. E ademais, xibutí (ou xibutiano). Leva catro anos en bélxica e di que voltar prá casa é perigoso. E por iso vén de vacacións a lisboa. Enrollámonos algo, incluso bastante, pero ao final pasan cousas e marcha cada un polo seu lado. Nese momento chama Paleólogo, que anda unhas rúas máis abaixo: quedamos, fumamos haxix e durmimos xuntos coma noutro tempo.
Amenzo nun piso velliño nunha das costas que ruben ao castelo, coa cidade aos pés. Un veciño ceiba música dende unha furgona tuneada: non te inquedes, sé feliz.


Leave a Comment