arqueoloxía
Despois dunha xuntanza na que argallamos unha movidola chuliña para as vindeiras semanas, e de despedirme de senalcume que regresa pensando en volver, vou ao teatro ver ‘Seis personaxes á procura de autor’. Nin a tose me librou de padecer un texto interminábel, e excesivo cen anos máis tarde. Por que castigan a pirandello reproducíndoo enteiro? Algúns actores están sorprendentemente ben; outras porén continúan esa estirpe de actrices galegas que falan berrando e andan darrastro como se levasen un capacho de grelos ao lombo. Saio fuxindo e recóllome nunhas salchichas fritidas e na lectura dun novo libro: Tempos de arroz e sal, a historia do mundo logo de que a peste acabase cos europeos. A ver.


Leave a Comment