rh
Asisto aun dos combates definitivos entre o lado escuro e o lado luminoso da forza. Unha vez máis, cos votos dos vivos e dos mortos, a democracia e o lado escuro triunfan.
Con todas as miñas reservas, sinto un grande alivio, máis ca nada porque as cousas suceden segundo o plan universal previsto. As diversas intervencións ao longo do combate resaltan o outro deses trazos psicosociais dos que falaba jorquera e que definen o ser galego: o trapalleirismo. Entre nós ben vale, xa pra saír do paso, tampouco hai por que poñerse estritos… Xa o dixera o ilustre enciclopedista outeiriño hai moitos anos: o carácter dos galegos resúmese no principio filosófico e heideggeriano do mételle-aí: mételle aí unha uralita, mételle aí un muro de bloque…


Leave a Comment