viaxar
Había moito que non me deixaba levar polo coche, así que aproveito o primeiro día libre en dous anos pra trazar unha liña imaxinaria que saia de Parque-temático-cervantes e cruce por colmenar viejo, segovia, tordesillas, villalpando, as lagoas de villafáfila, mombuey, lubián… Ao meu paso arrebólanse naves industriais, ábrese o asfalto, langran os camións, pairan os miotos. Teño que darlle ao limpaparabrisas traseiro: unha pasta de gasoil, follas secas e dióxido de quilómetro impídeme mirar o que vai quedando atrás.


Leave a Comment