resentimento
Paseino ben no fútbol. Ademais do resultado, de estar con walter e co koala, e de atopar xente a que nunca soñei ver nun campo de fútbol, o xogo estivo ben. Incluso moi ben, pero iso déixollo a brétemas.
O que me pareceu terribel foi o berro das bancadas: fraga, cabrón, xa temos selección. Fraga? de quen falan? Alguén o lembra? Plis, díganlle a esa xente que xa non están na oposición, que é o ano 2006, e todas esas cousas. Que vaian pensando en como encher balaídos en xuño, contra angola. Unha nación faise integrando os vellos futboleiros que había no estadio (e habíaos), non excluíndoos cun discurso embigueiro. Porque creo que xogaba galiza, non hai que botalos.
PS: Os de sempre, os que manipulan, os que poñen explosivos en caixeiros automáticos, entraron no campo con bengalas. Non unha, nin dúas, ducias delas. Aínda os hai entre nós que pensan que son bos rapaces.


Leave a Comment