arroz, sal
Despois de dous longos meses a dez páxinas por noite, remato Os anos do arroz e do sal, un beséler de fición histórica de Kim Stanley Robinson. Recomendoumo o meu moi prezado Ornitorrinco, pozo de sabedorías, e deixeime levar por el. Son máis de 800 páxinas, moito máis levadeiras sen dúbida que o último gran sopor ao que me enfrontei, pero inda así algo decepcionante. Ten, iso si, unha semellante e criminal tradución, responsábel dunha galaxia de erros e de romper o único xogo literario da obra, e pola que alguén debería ir preso.
O punto de partida é excepcional: cómo sería a historia do planeta se a peste fixese desaparecer todos os europeos brancos? Chineses, indios, indíxenas americanos, pretos (escravos) e musulmáns desputan o dominio dun mundo moi distinto. Pero ao cabo comprobamos que son máis as semellanzas cás diferenzas, que procuramos o noso leonardo, a nosa bomba atómica e o noso parís nesa segunda dimensión fractal cun eurocentrismo sen complexos, e que a única picardía literaria, o encadeamento das reencarnacións, dá froitos demasiado limitados. E é que pra escribir 1500 anos de historia cumprirían inda máis páxinas e, sobre todo, máis mapas.


Leave a Comment