dedicado
Xa logo vai un ano de que Barataria e mais eu nos botamos a foder. Bastantes cousas mudaron, entre nós tamén. Hoxe por exemplo hai unha señora de 96 anos desafiando a ciencia nun hospital a 600 kms de aquí e incomprensibelmente me importa a súa evolución.
Porén, malia todos estes intereses construídos en once meses e medio, seguimos fodendo cunha tensión que me supera: no aeroporto, sobre a mesa da habitación do hotel (apartando a quelita), na cama, nos xardíns de sabatini… e dicíndonos ao rematar que nos queremos, anque sabemos que todo o que se di nos 20 minutos seguintes carece de valor.


Leave a Comment