vida de parella
A pesar de que a miña vida camiña directamente cara á grande implosión, no último segundo decido ir botar a fin de semana ao parque-temático-cervantes. Collo a Fufli e a Malvavel, déixoos en casa de Doña Rogelia, e sigo pró nordeste, onde me atopo a un Barataria enfermo do sistema dixestivo.
Boto as horas con el esquecéndome de que o tempo pasa ao redor, facéndonos sanduiches de queixo e leituga. Imos ao teatro con senalcume (ben, incluso bastante ben), e logo a tomarlle dúas ou tres por lavapiés. Poñemos en orde sentimental algúns espazos e durmimos ata o mediodía.
Despois retomamos a vida onde a deixamos, e os quilómetros, e as angustias, e iso.


Leave a Comment