Como ben sinalaba Ian, só a trapallada pode ser máis intensa cá senrazón.
Estiven unha vez no Arquivo de Salamanca, só unha, pero chegoume pra entender o que significaba a desmemoria. O Arquivo onde se gardaban estas caixas de documentos mal examinados e peor clasificados, ofrécelle ao visitante-turista unha brevísima exposición sobre a guerracivil: paneis que mesturan ilustracións de castelao con fotos de millán astray, anuncios das forzas democráticas e cartillas de racionamento, bandeiras e o tesouro expoliado aos masóns, todo ao remexido, sen que se saiba moi ben qué pasou , quen venceu, quen morreu e quen era o goberno legal. Nin un pé de foto. Nin un comentario. A desmemoria non necesita glosas.
Ninguén no seu xuízo imaxinaría un arquivo alemán, francés ou polaco sobre a guerra en semellante estado de desconservación.
Por favor, que leven os papeis pra cataluña, pero que os leven todos. Que os ordenen, que os poñan en limpo.
Que lles recoñezan o que son: papeis.


Leave a Comment