vaqueiros
Como hai que vela, vouna ver.
O Monte Brokeback é unha película perfecta: na súa medida entran todas as palabras e os silenzos combinados con precisión. Nada sobra sobre as paisaxes estendidas. Delicada, ben estruturada, tan linda como amargue, saca risos da nada e contennos as bágoas precavidamente con doses estritas de drama.
Porén, malia toda esta perfección, non me gustou. Saín disconforme do cine, como con vontade de ser eu o director e volvela filmar igual pero distinta.
Quizais teña que ver en todo isto que a uns 600 kms ao sueste de alí, noutra sala de cinema, o mesmo día, á mesma hora, Barataria vía o mesmo filme.


Leave a Comment