famosos
1. Saio dun bar xa moi de noite abrazado a Barataria e achégaseme un señor maduro e, certamente, algo bébedo. Ponme a man no ombro, mira pra nós e pregúntame: Oes, e ti sabes quen é søren kierkegaard?
2. Entro na facultade de historia de humidtown e atopo un letreiro de apoio a slóbodan milóxevic. Estarrezo. Parece que a paixón non nos deixa ver os cadavres.
3. Comezo un curso de campións do friquismo que me manterá atarefado toda esta semana. Nunha das sesións vemos un vídeo: un político do surinam louva as virtudes do deporte. “Antes, cando viaxabas ao estranxeiro, todo o mundo che preguntaba onde estaba o surinam. Agora todos din, ah, si, o país de anthony nesty. A distancia cultural chámase perplexidade.


Leave a Comment