Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive

burocracia
Recibo na casa unha estraña carta da axencia tributaria. Cústame entendela tanto coma un post de irrealintauto. Explícama meu irmán. Ao parecer, pra loitar contra a fraude dos propietarios que non declaran as rendas dos alugueiros, obrígannos aos inquilinos a que realicemos dúas xestións burocráticas.
A primeira é que pescudemos, nunha web unicamente en castelán, os datos do “inmoble que utilizamos”. Entendo que eles xa poderían saber onde vivo, porque é onde nos envían a carta e porque ademais figuran nun censo ao que eles tamén teñen acceso, pero, como son guiadiño… Tento facelo vía web, e o sistema envíame consecutivamente as seguintes mensaxes: o meu concello non existe, a miña vía non existe e, finalmente, non hai bens prós datos seleccionados. Ou sexa, que o lugar a onde eles me mandan a carta non existe. A segunda vía, a telefónica, emprega un servizo de pago reducido (pero pagamento ao cabo), que aínda non practiquei.
En canto teña a miña referenza do catastro, tereina que incluír na miña declaración da renda. Ou sexa, comunicareille á axencia tributaria non o que pago polo piso en que vivo, nin a quen llo pago, senón que vivo aquí. Descoñezo a utilidade desa información. En todo caso, por que teño que dicirlle á axencia tributaria o que gasto en roupa? Acaso queren controlar a facturación real de inditex? Por que daquela quererían saber canto gasto en alugueiro? Teñen dereito?
Ante toda esta operación mobilizadora de millóns de cidadáns que se enfrontan a unha carta incomprensíbel para realizar dúas operacións que non funcionan ben, ¿non sería moito máis doado que os funcionarios da axencia tributaria inspeccionasen os propietarios de máis de trinta pisos? Ou é que o que lles interesa é apañar a fraude dos que teñen dous pisos?

PS: Señor Cossimo, agardo que non me defenda agora a burocracia sinalando que a xustiza social é un ben en si mesmo, que etiopía ten fame e esas cousas, :)


Leave a Comment