elfos
Aí atrás merco con interese ‘O portal dos elfos‘, un libro do inglés Herbie Brennan que conforma a primeira parte dunha eneloxía de aventuras, príncipes, elfos, tecnoloxía e aprendizaxes familiares. Os dous primeiros capítulos préndenme axiña, pero logo o tecido da trama faise zoupón, simpleiro e, finalmente, algo aborrecedor e previsíbel. A apresurada tradución, unida a unha inaprezábel revisión do texto, non axudan no resultado. Incluso percibo un cheirume homofóbico que me custa interpretar, ou incluso crer. Mercarei a segunda parte, por darlle outra oportunidade ao que foi un dos grandes éxitos da literatura nos últimos anos. Pero a comparanza é esmagadora: harrypotter é un extraordinario conxunto de novelas.


Leave a Comment