comezo

Pecho flocos laborais de madrugada, porque dentro dunhas horas estarei viaxando cara a grecia. Conecto o ipod e íllome do que sucede fóra. Pero axiña comezan a chegar os mosquitos, primeiro aos poucos, e logo en lexión de todas as castes e especies, choutando e rebulindo por riba do meu computador: sínfanos, mosquiñas, boureadores…
Pola fiestra aberta o ceo creba e alumea contra o bochorno. Chove pingóns. O vrau está aquí.


Leave a Comment