Rebolen as rúas da Plaka cos mercadores de todo canto pode comprarse e venderse. Móvense as cadeiras nas terrazas, corrican as cervexas, revoan as bufandas dos equipos locais e esparéxense os cedés sobre as mantas. Esa é a tensión do centro da verdadeira-atenas nas tardes do vrau.
De súpeto, movidos por un sinal inaprezábel, os camareiros prenden os toldos entre si e cobran as mesas. Ao mesmo tempo, sen que se saiba moi ben de onde, xorden unha ducia de vendedores de paraugas que acoden ás sorprendidas mesas. Báixanse os cancelos das tendas e gárdanse no interior as columnas de toallas e e camisolas.
Nuns segundos comezará a treboada: atenas quedará limpa e reiniciarase a tarde.


Leave a Comment