ugresic
Non sei por que vía chega ás miñas maus o libro dunha escritora croata que vive nos estadosunidos, Dubravka Ugresic: Grazas por non ler. Léoo nos últimos aeroportos e flípame. Hai unha boa recensión del no lector ileso. Agora pego un pedazo (as ligazóns son miñas).

Unha edición de The Guardian de 1977 fixo eco da agre regueifa epistolar entre o crítico de de arte David Lee e Tracey Emin, unha nova artista de éxito e propietaria dunha galería. Lee ousou dicir que a maior parte da creación artística moderna era o resultado dun ‘truco de confianza’ e acusaba os artistas novos, primeiro de nada, de analfabetismo. A rapaza retrucoulle a acusación espetándolle: “E que pasa se son analfabeta? Teño dereito a expresarme!”.


Leave a Comment