caimán
Quedo con Caimán en boavila algunhas horas antes de que volte pró país dos colombianos.
Falamos disto, do outro, de por que é mellor estar fóra ca dentro, de cal é a discoteca que nos necesita, das enrugas que se lle ven ao futuro. Ceamos sardiñada con cargos políticos, pero axiña buscamos estar a soas camiñando pola súa cidade, pola súa nostalxia.
Despois de agasallarme a biografía dun boxeador, dámonos unha aperta nun aparcadoiro subterráneo. Os nosos xarseis xa non teñen costuras, ou cando menos, non noto que nos rocen sobre a pel.


Leave a Comment