hoteis
Barataria volve traballar nas viaxes en agosto, e agarda por min nun hotel en vila nova de gaia. Cruzo un mar de borralla, sufro atascos, durmo ao volante, paro, e ao final coa tardiña chego ao seu cuarto. Fodemos, durmimos un pouco, e baixamos cear ao Porto, e a cadelear algo, mentres os turistas que pastorea comparan no hall do hotel os galos de portugal que mercaron, os botiños de auga bieita de fátima ou as botellas de viño do porto.
Á mañá cedo separámonos, cando el sobe nun bus en dirección sur. Eu vou pasear algo polo Porto, mercar libros, ver pasar o día sobre os lastros de aliados. A oler a amor e churrasco.


Leave a Comment