pallas & trabes
Non vou dicir todo o que me gusta o recendo dos incendios forestais, a sensación agrádabel de bágoa e borralla, a tan fermosa luz do sol afumado. Isto xa o dixen, máis veces. Hoxe cavilo:
1. Mentres a metade crispada do país bota as mans á cabeza, mentres debatemos sobre as causas, mentres ideamos conspiracións de construtores (como se houbese alguén fregando maus coa marbella de cerdedo), mentres pensamos en todos eses males, a outra metade, a metade tranquila, parola, ri, valora despreocupadamente, moito máis despreocupadamente ca cando o forum filatélico ou cando o descenso do celta.
2. Sempre crín que a vía policial non era a solución. Agora os progres piden máis policía, e os ortodoxos incluso reclaman a intervención do exército. Penso en pallas e en trabes.
3. Vin na tele algunha xente berrando porque o lume lle chegou á casa. Pero non vin entre eles ningún dos milleiros e milleiros dos propietarios dos montes ardidos. Parece cumprirse a mensaxe publicitaria doutrora: ‘o monte é de todos, queima a túa parte’.


Leave a Comment