Sen pensar demasiado no que significaba, anunciei a quen debía anunciar que deixaba o traballo. Aló van oito anazos de aprender cousas, de tomar contacto con persoas e realidades coas que me sería difícil bater, de facerme tal e como son.
Teño vinte días pra recoller todos os trebellos, pra mudar de móbil e de correo electrónico, pra mercar un ordena novo e quizais tamén pra mudar de casa: se teño unha sorte marcharei pró norde, e se teño outra sorte, quedarei en humidtown, nun oficio distinto. Empezando de cero na aprendizaxe.


Leave a Comment