Uns minutos antes de entrar verA paixón de Xoana de Arco‘ na filmoteca suíza, gasto os instantes libres sobre o céspede do pazo de xustiza. As pernas síntoas de ferro co cansazo. Aló embaixo está un trozo de lausanne, os tellados, e despois o lago Lemán, e despois, do outro lado, as luces xa da ribeira sur, que de momento perden a súa loita contra o solpor.
Ao meu redor, máis xente mira pró lago neste serán. Señores maiores, rapaces con cans, ghipis, bébedos, mocitas hindús… Todos, dalgunha forma ou outra, cavilamos no futuro.


Leave a Comment