saída
Hai sete anos entraba nunha casa en fabric-city e chovía. Agora, baixo a mesma choiva, recollo os trebellos na oficina de humidtown e despídome dun grupo de valentes sen os que non sería capaz de entender a vida. Con eles compartín sete anos de segredos, cariños e pizzas, e agora dígolles abur e grazas polo peixe deixándolles un botonciño de vida e termando das bágoas.
Pero non me importa. Os que amo seguen no mésenller e na vida, que é o mesmo. E aos que me gustaría retorcerlles o pescozo xa foron borrados de aí e axiña o serán tamén da memoria.

Mentres, uns 600 kms ao sueste, morríame a avoa de Barataria con 97 anos. Consumida ao máximo, esta filla de revisores de renfe, gran lectora e resistente nunha aldea da fin da estrada, foi pasando de muller a pasa e de pasa a suspiro nas últimas semanas. Pero non me dá a enerxía pra despedila. Xa nos veremos do outro lado.


Leave a Comment