Esta finde perdín moito peso. O 75% da masa de calzado, o 50% da roupa, o 75% das sabas, o 90% das mantas e edredóns, o 100% da vaixela… Tamén me desprendín dunhas 200 musicasetes que xa non podía reproducir, da cama, de moitos agasallos de amigos, de todas as lámpadas e mobles… E troquei a miña casa por un portátil e un coche.
Síntome máis lixeiro. Tamén máis desvalido. Pero a partir de agora vai ser así, quero que sexa así. Nun mundo sen rulós só admitirei agasallos funxibles. E o que merque terá a beleza da provisionalidade.


Leave a Comment