Na miña segunda visita a glasgow cruzo o río e comezo a camiñar polo sur da cidade. Aquí unhas naves industrais, algúns escalestris, despois unha ferretería grandísima toda de madeira que leva servindo louza e parafusos 150 anos, logo uns predios como abandonados, un par de torres de 23 pisos, unhas raiolas de sol sobre o frío do outono, a fermosa sede dunha empresa do sec. XVIII reconvertida a vivendas polo concello, uns concesionarios, máis predios, un camiño e uns nenos, un pazo de exposicións ou unha ponte iluminada de púrpura sobre o clyde…
Así é glasgow á tardiña, un pouco antes de que deszan do fútbol as hordas dos borrachos.
E aínda non lle teño nome a esta cariñosa e fría soidade de glasgow.


Leave a Comment