avelino
Mándame Iop unha brevísima mensaxe: morreulle o avó.
Do barça, anticlerical e socialista, seguramente era a persoa máis teimuda do universo, ou inda máis. E tamén, por iso mesmo, exercía a tenrura máxima cando protestaba polo corte dos tomates, as bombillas de baixo consumo ou o verniz do piso. Ou cando marchaba deitarse no colchón de millo, no vrao, ou nos falaba das mulleres de barcelona de antes da guerra, ou das ovellas, que son moi espantadizas.
E hoxe, hoxe si, sinto as millas de distancia.


Leave a Comment