ídolos
Moitas veces cavilo en que é o que me gusta do deporte: quizais porque é a principal causa de pel de pita, máis cá fodincha ou a literatura. Infindas veces conseguiu iso Ian Thorpe (thorpe como aqueloutro jim thorpe, deportista ilustre e inxustamente agredido pola historia). Os seus magníficos pés como aletas, ese portentoso nariz e, sobre todo, compartir con el as centésimas de segundo en que vira a cabeza na meta e busca, entre as pingas, as cifras amarelas do crono: si, felizmente, ninguén foi nunca tan rápido.
Tamén, claro, as despedidas. Pesáronlle máis nos ombros os aeroportos cás piscinas. Gáñano os habitantes de sydney prós seus semáforos, prós starbucks, prós domingos no parque. E perdémolo nós, sentindo, iso si, unha vez máis a pel de pita.
E a un ídolo megacachondo que marcha, un ídolo megacachondo que xorde: shunsuke nakamura. Andareiche no rastro.


Leave a Comment