Antonte foi tímida, apenas uns flocos aquí e acolá mentres vía un capítulo de CSI e lía unhas páxinas máis da Posibilidade dunha illa. Ás veces as folerpas eran un pouco máis arrabiadas e sólidas, pero despois distraíanse: non estaban afeitas. Así á mañá despareceran os trazos brancos que, nos descansos do CSI, vira conformarse sobre os capós dos coches.
Pero no día nevou máis e máis. Onde eu estaba, nas casas da ribeira do río, nos chalés vitorianos, na oficina… non callou, anque por veces o ceo e a terra eran brancas e movíanse lixeiramente como un televisor mal sintonizado. Pero nas montañas todo ao redor había unha fonda capa de neve, lonxana, distante, como un vello sabio que nos quixese agochar as herbiñas, as pequenas pegadas dos faisáns, as croias das ovellas ou os tobos dos esquíos que, despistados, esqueceran hibernar.
Hoxe disque vai ser a gran nevarada. Xa lle tiña devezo.

Actualización: no parte dixeron que a gran nevarada comezaría ás oito da mañá. Ás oito e dez empezaba a callar. E agora neva, e neva a fío. Algún día aprenderei a sacar fotos co móbil…
Actualización2: tres horas despois segue nevando, ás veces máis suave, ás veces máis mesto e intenso, pero non se detén. Descubro que ver nevar me dá fame.
Actualización 3: logo do mediodía a neve deixou de caer e empezou a marchar do chan como a unha alfombra a cor. Mentres, a 3000 millas ao leste, desatábase a traxedia.


Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| viagra australia no prescription buy cheap cialis levitra 5mg cheap viagra Red devil cialis Cialis name cheap Online levitra purchase levitra homepage cialis dapoxetine who has best price on cialisBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans