reto
O Levantador de minas proponme un reto: sinalar as tres razóns polas que debería marchar de españa.
Obviamente, non estou en españa. Pero creo que nada ten que ver o lugar coas ganas de marchar. As razóns están ben explícitas neste blog: todas as súas palabras son un resumo de por que marchar. A fórmula foi sexo, libros e quilómetros, que foi o mesmo que dicir só quilómetros.
Logo de catro meses vivindo nesta illa putrefacta, ocórrenseme moitas razóns pra marchar de aquí. A primeira, sen dúbida, a inxenua: por variar. Porque a revolución fundamental é revolucionarse. Ou meter millas de por medio.
Nin liscar nin buscar, só ir.
E descoñecer o significado da palabra voltar.


Leave a Comment