sociedade da alarma
Todas as portas teñen cadanseu adhesivo azul, que obriga a mantelas pechadas pra que loiten eficazmente contra o lume. Na cociña teño un cobertor de amianto pra botalo sobre a tixola cando lle dea por prender (!) e o primeiro que fixo o meu caseiro, ás 24 horas de entrar eu no piso, foi traerme un pequeno extintor vermello pra que todo estivese ben protexido.
Esta semana, ademais, pasei un curso obrigatorio de seguridade e protección contra o lume. Falouse das portas que debemos abrir e cando, dos distintos tipos de extintor, dos cinco mellores teléfonos de emerxencia, dos amperios dos electrodomésticos de casa e do seu control, e de moitas outras cousas máis, pero nun clima de inmediata catástrofe. Puxéronnos por exemplo un vídeo (simulacro) de como ardería, e en canto tempo, a habitación onde estabamos, así como diversas fotos de incendios reais sucedidos nas proximidades. Eu miro pra unha alemá e a alemá mira pra min, escarallándonos. O resto está visibelmente nervioso.
A chegan ao paroxismo cando o profesor repasa as estatísticas e as posibilidades que temos de vernos implicados nun incendio urbano nos vindeiros anos. Unha de dúas, ou todas estas medidas son insuficientes na patria da piromanía, ou o pánico chama polo lume.


Leave a Comment