sangría, 2
Mentres eu tento amañar unha roda picada (a segunda vez que a trillo na mesma semana), o veciño abre por primeira vez a porta e sae ao descanso da escaleira. Ten uns 30 anos, viste xarsei, pucho de lá e pantalón de pixama, e nun estado de lixeira embriaguez tenta indicarlle o camiño de saída a un amigo que, nesa altura, apenas distingue unha man da outra. Logo de trocar as presentacións, chegamos a este parrafeo (traduzo):
El: Ah, e de onde es?
Eu: De galiza, no NW de españa.
El: Ah, que ben, estiven unha vez en españa.
Eu: Si? en serio? E onde exactamente?
El: Mmmm, non lembro moi ben… En Barce… Non, aí non. En Benetton, creo que se chamaba. Ah, e en Algar… como era… ah, si… Algarve.

(as hipóteses, na caixa de comentarios)


Leave a Comment