Vou correndo, que chego tarde á cita con senalcume e ademais levo gana de mexar. De súpeto, dende a outra beirarrúa berran o meu nome, e eu, que á primeira non vexo quen é, paro en seco. Anque máis ben tento parar, porque as zapas nike que acabo de mercar esvaran sobre a pedra de humidtown, levanto os pés por riba da cintura e caio con toda a forza do mundo sobre as costas.
Xúntase unha rodiña de amables curiosos, que me animan a recuperar a respiración e calmar a dor. O lombo, asustado, está contraído e non deixa que me mova. Despois antiinflamatorios, unha condución estremadamente lenta cara a atenas, e cama. Cama e máis pílulas. E o lombo vai perdendo o medo, pouco e pouco. Debeu ser tan bonita de ver
PS: A persoa que me desencadenou todo prefire gardar o anonimato. Seique xa ten sona de gafe.


Leave a Comment