física
E de súpeto, canto todo este mundo gris parecía só unha capa, unha superficie imposíbel de penetrar, prodúcese unha pequena chispa: no castromil que vai pra humidtown poñen unha canción de maná e un pequeno inmigrante cheo de aneis e cadeas mira pra min; os seus beizos fortes e saborosos besbellan a absurda letra; a faísca que lle escintila nas pestanas é distinta da miña; pero a pesar de todas as incompresións os nosos corpos desprázanse a velocidade constante polo universo, un á par do outro, cunha inaprezábel distancia entre as dúas peles.


Leave a Comment