Non sei cal foi o primeiro libro que lin, ao igual que lle pasa cos filmes a martinpawley.
Pero a miña primeira lembranza literaria téñoa clara e vívida: era o ano oitenta, e na clase de doña ana alguén, supoño que a mestra, lía as primeiras páxinas da Galiña azul, xusto nese momento en que din que hai un neno que se chama cesare e que é loiro e de ollos azuis…
Non sei se o libro era meu ou de doña ana, pero o caso é que esa galiña azul, a da primeira edición, está agora vivindo na fundación cesare, ao igual cá formiga esquiadora ou ca don leoncio, o inventor do papapío.
O seu autor, un home pequeno ao que non coñecín directamente, pero de quen me divertía infinito que fose o primeiro en protocolo da ghalleira (xa saben, cando tiñan que entrar nun ascensor il e fraga, antes pasaba il), marcoume prá vida. Marcoume como sempre sucede todo, por culpa dunha cadea de azares (a clase, doña ana, o neno loiro…), dos que non é o menos importante que A galiña azul sexa unha obra fantástica, xenial e, no seu contexto, hiperrenovadora.
Supoño que aquel día, por casualidade, na clase de doña ana fíxenme modernito, ‘do galego’ e lector, sen sabelo. Afortunadamente o neno chamábase cesare, tiña os ollos azuis e era loiro.


Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| viagra australia no prescription buy cheap cialis levitra 5mg cheap viagra Red devil cialis Cialis name cheap Online levitra purchase levitra homepage cialis dapoxetine who has best price on cialisBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans