Durante toda esta semana son o encargado de termar dos parrulos.
O edificio onde traballo ten forma de grella, e no cruzamento de corredores fórmanse tranquilos patios, cheos de arbustos e pedregallo, óptimos pró aniñar das aves. Os lavancos, por exemplo, aproveitan adoito estes patios pola tranquilidade que ofrecen fronte aos inimigos terrestres: gatos, raposos… Pero as femias, tan previsoras á hora de botar os ovos, non se decatan de que cando as camadas de dez parrulos lavanquiños comecen a chiar e a remexer os seus parrulentos cus pola contorna, non poderán procurar alimento: os patios, tan cómodos antes, son agora unha trampa da que só se pode saír voando… se sabes.
O meu traballo é, pois, alimentar artificialmente estes parrulos que caeron na trampa dos patios ata que poidan valerse por si. Nun dos patios unha lavanca ten sete satélites peludos; noutro, unha ten once. Hai uns minutos recibo unhas chamadas preocupadas dos meus compañeiros: unhas pegas rabudas, aproveitando a choiva e que a lavanca dese patio non dá abeirado todos os parruliños baixo as ás, arramplaron con catro ou cinco deles (as fontes diverxen).
Acudo presto. Explícolles que a natureza é sabia, que once eran demasiados parruliños pra unha lavanca soa, que as pegas tamén teñen que comer… Pero os ollos dos meus colegas, afeitos á natureza disney, comezan a brillar mentres repiten ao calado: bastards, bastards

PS: No edificio hai, ademais, tres gabitas: a que está no meu patio e outras dúas máis. Todos, nas nosas respectivas oficinas, agardamos ansiosos o momento da eclosión.

Actualización: só un par de horas despois, mentres seguía traballando sobre o computador, escoito uns chíos fóra. Miro pola fiestra e vexo a gabita corricando e berrando polo patio, cun pedaciño de casca de ovo no peteiro. Que pasou? Que foi? Non o sei aínda, pero no niño xa só quedaba un dos tres ovos.
E nese momento non había ninguén preto pra dicirme que a natureza é sabia, que tres eran demasiados poliños pra esa gabita soa e esas cousas necesarias sobre a vida e a morte, pra que os meus olliños non comezasen a brillar, pra non sentir como un cristaliño se me facía cachizas nos dentros…


Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans