As cousas marchan, ou van marchando. Non hai tanto diñeiro como nos gustaría, pero a vida de provincias condéanos a non gastar demasiado, senón en galletas e, ao paso que imos, en apócemas de adelgazamento.
De cando en cando Barataria entra en bucle e rebélase contra todo o que o arrodea: o restaurante en que traballa, os horarios, o cansazo, non ter cartos e… e eu supoño. Pero eses momentos non son moitos, e regresamos axiña a unha feliz concordia en que río bastante e onde o testo do bote de marmelada, as manchas de dentrífico ou a separación do lixo carecen bastante de importancia.
E así, pouco e pouco, os días vanse facendo infinitos e paradoxalmente veloces. Con só tres horas de total escuridade, achegámonos ao vrao con choiva, con sol, con vento, con calor e con frío na mesma xornada, ou, pra mellor dicir, na mesma hora.
E así, ao calado, vaise vivindo a vida, vaise adiando a morte.


Leave a Comment