Como ao meu bar favorito de humidtown o abandonaron os evanxelistas, xa non mola nada de nada e ando á procura de novos sitios pra conectarme. Por consello de dpaso, probo no casino, pero non mola.
Pero nese breve tempo de conexión recibo unha proposta de sexo inmediato. Non teño tempo, non teño batería nin teño sitio tampouco, pero o gran Johnson pásame unhas chaves pra irlles pinar á casa. O chaval, Marceau, é un rapazote do morrazo máis longo ca un día sen pan, cun pasado errático e algo desastroso. O ferrete sae de formato longo, bastante xeitoso prás circunstancias. El lóuvame varias veces as zugadas (agradécese), e cando nos separamos no obradoiro repíteme o seu nome pra que non llo esqueza.
Hoxe, o día despois, almorzando cos johnson, aínda lle teño o nome na cabeza. Pero despois marchará, como marchará o meu da súa, e as miñas zugadas, e a súa extrema delgadez; irán desaparecendo porque nin sequera hai un número de móbil co que se poida atar todo ese monllo de datos e olores á realidade. Porque o fermoso disto é precisamente velo deitado, cos seus ósos e un ramalliño de pelo sobre o peito, e o tempo a correrlle pola pel, desastroso.


Leave a Comment