Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » silencios

A calada nunca é unha boa opción. E aínda que case sempre é verdade a frase esa de que sen novas, boas novas, non en todas as ocasións sucede así. Ao principio era só unha pequena molestia laboral. Logo foi evoluíndo como unha bóla de neve ata ocupar o centro e os extremos da miña axenda, inmobilizándome pra facer nada. Deixei de ler os correos. Apaguei o móbil. Refuxieime na ficticia tranquilidade da vida diaria, completamente illado: lía, puña lavadoras, perdía horas e horas sen facer absolutamente ren, mentres o tempo e o volume de traballo alancaban na miña contra. Mentres tanto pasaban cousas, recibía a visita de meus pais, convivía marabillosamente con Barataria, facíalle a cea, paseabamos xuntos pra ver miñatos ou simplemente gastabamos os seráns vendo concursos de preguntas na tele e comendo xeados do tesco. Pero o corpo, que é máis sensato, avisaba: punzadas no estómago, primeiro lenes e logo cada vez máis fortes e máis fortes, eran a agulla do depósito de angustias, e medraban perigosamente.
Hoxe, por primeira vez en moitos días, abriu o sol: erguinme ás seis e media da mañá, fixen un cumprido almorzo de salchichas e pudin de sangue e púxenme a contestar correos e a solucionar asuntos pendentes, entre eles o de limparlle as arañeiras a este blog. Nas próximas horas dedicareime a limpar a vida.


Leave a Comment