Algún dos físicos presentes ou ausentes pode explicarme por que un paquete enviado polo procedemento normal de escocia á ghalleira tarda 3 días en chegar e, en troques, un paquete enviado polo procedemento ultrarrápido e ultracaro en sentido contrario (da ghalleira a escocia) demora máis de 15 días e aínda non chega?
Mentres tento solucionar este paradoxo físico-administrativo penso nesa caixiña de libros de Ian, clásicos galegos, non-tan-clásicos galegos e outras publicacións que, nunha caixa, repousan nalgunha parte de europa occidental. Ler é sempre unha aventura.


Leave a Comment