A medida que imos profundizando nas nosas manías respectivas, a medida que nos imos escoitando peidear, saír da ducha, ou almorzar torradas con marmelada de laranxa, ímonos facendo vellos. Vemos o abismo na cabeza do outro, e supoño que nos asustamos, pero logo volvemos a compartir o paseo ou a discutir por quen debe levar a mochila durante a camiñada na montaña. Así que aínda que odie ata o máximo os seus tapóns pra durmir, cando penso en senalcume só me sae amor.


Leave a Comment