Hoxe, só unhas horas antes de que marche Barataria, papamos un asado de porco e acabamos de ver os últimos episodios da primeira tempada de Heroes. Xa sei que na Ghalleira se viron antes; xa sei que algúns andan a descargar xa a segunda volta; pero neste pequeno mundo de Chucheland imos por diante da maior parte da sociedade.
Nun par de devedés piratas descansan, por un tempo, os ollos saltareiros de Hiro Nakamura e o rabecho de pelo de Peter Petrelli. Aí repousan tamén o sorriso de Claire a inferíbel e o inglés indostaní do doutor Suresh, que tanta risa nos deu ao longo destas semanas. Tamén están os beizos de DL, o pelo crecho de Micah, as moitas noites en que Barataria quedou durmido no meu ombro e algúns cabos soltos: onde se agochou o home invisíbel? Que será do máis guapo, o gai Zach? Era verdadeira a moza que lía os correos electrónicos? Onde marchou o haitiano?
E como ao mesmo tempo estou lendo a última apocalipse, desta volta verdadeira, sobre o capitalismo das catástrofes, creo que non hai frase máis reivindicativa e máis absurda ca esta pra fixar como lema por un tempo: save the cheerlader, save the world. Se podo saber onde encargalas, farei unhas cantas camisolas pra este nadal. Vaian pedindo tamaños.

Pero qué raio de liberal é vostede!. En lugar de perder o tempo con pseudo-hippypropaganda, debería estar lá fóra facendo o único que realmente pode salvar o planeta: SHOPPING.
Save the credit card, save the world.
hai máis cousas que podo facer pra salvar o planeta, ademais de mercar. Pero a pregunta é se eu prefiro que estoure a bomba e leve por diante medio NY ou se prefiro que non o faga.
Ao cabo, só é o 0,7% da poboación mundial.
Of course not! Bomb Iran!
lol, lol… é vostede partidario do bombardeo de irán? ben, afortunadamente pra vostede é un país grande: ten moito onde acertar,
E ao cabo, só representa un parte insignificante da poboación mundial!
certamente, pero eu son aínda máis insignificante.
Fostiar para non ser fostiado. É unha vellísima lei da natureza, amigo meu. Pre-emptive strike, as they call it. Non me será vostede un deses blandos do Neither Washington nor Teheran?
Oh, eu son dos brandos brandos, claro. O que non sei é en que b(r)ando me sitúa vostede, nin por que.
“O que non sei é en que b(r)ando me sitúa vostede, nin por que.”
lol lol lol lol. Era brincadeira, home! Aínda non se decatou de que xa non quedan b(r)andos? Agora todos somos d(p)uros cidadáns. Ben, todos menos Naomi Klein e un par de sectarios máis.
Eu quero unha talla XL.