Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » arrabaldo

É moi satisfactorio aproveitar a mañá do domingo pra dar unha volta polos barrios pobres. Así que de cedo collo a bicicleta e enfío cara a torbrex, un arrabaldo de casas todas iguais e xardíns tan sen rozar que poderían ser eiras. Alí están os xoguetes abandonados, as bicicletas rotas, as igrexas católicas, as latas de cervexa entre as follas dos ameneiros. Tamén vive alí a xente ruda, a xente que te mira como dubidando se ostiarte nese momento ou agardar a que o faga o veciño de a carón. Pero de súpeto cruzo a autoestrada por unha pontella e todo muda: aparecen as ovellas, estreita a estrada e comeza unha lenta e tortuosa ascensión por entre arbustos de froita e herbais. Poalla, así que no alto dun outeiro paro e tiro os lentes: ao leste, un encoriño pequeno; ao oeste, unha lene extensión de montes que, canto máis lonxe, máis se mesturan coa poalla. E por diante, unhas dez millas de volta pra pasar sucesivamente do campo aos barrios pobres, logo ao centro, e logo outra vez aos barrios pobres. Ao meu barrio pobre.


25 Comments to “arrabaldo”

  1. cossimo | October 21st, 2007 at 3:46 pm

    Mira ti qué diferentes son os distintos países. Aquí nos arrabaldos de casas iguais vive xente decente e pacífica e a herba está sempre ben cortadiña.
    En todo caso, que non desesperen os pobres de Torbrex. Contrariamente ao que adoitamos pensar, alí aínda queda un gran partido comunista que aspira a unha sociedade sin clases. Un día destes, esas xentiñas van poder mercar cortacéspedes novas.

  2. cesare | October 21st, 2007 at 3:51 pm

    que tanto me custa entendelo, señor cossimo. Debería subliñar ou meter en cursiva cando fale en modo ironía.

    A pregunta é se a clase baixa británica segue sendo clase baixa (como di o Guardian) porque quere ou porque non pode deixar de selo. E como ser clase baixa non é nada que teña que ver demasiado co diñeiro, senón coa cor do teu coche, ás veces éntranme as dúbidas. Quizais vostede saiba máis diso…

  3. cossimo | October 21st, 2007 at 4:22 pm

    “que tanto me custa entendelo, señor cossimo.” A min tamén.(Sen cursivas).
    “Debería subliñar ou meter en cursiva cando fale en modo ironía”. Deduzo entón que frases como “É moi satisfactorio aproveitar a mañá do domingo pra dar unha volta polos barrios pobres” ou “E como ser clase baixa non é nada que teña que ver demasiado co diñeiro, senón coa cor do teu coche” son froito da reflexión?
    E cómo que lle entran dúbidas? Acaso pensa que os Agag-Aznar non merecen vivir en Chelsea?
    Ademais, vostede saberá, que para iso é clase baixa. Esfórcese un pouco home, que tampouco custa tanto mudar a cor do coche.

  4. cesare | October 21st, 2007 at 4:35 pm

    vaites, non quería poñerme estupendo.
    Si, por suposto: a clase social non ten nada que ver co salario entrante. Pero nada que ver. Ten que ver se con esas seis libras mercamos unha botella de viño californiano ou unha de buckfast. E polo tanto ten que ver non só coa cor do coche, senón co modelo de lamias que lle metemos.

    Non sei o que sucede coa clase media e coa clase alta. Pero teño a sensación de que a clase baixa escocesa, a diferencia da galega, fai todo o que está na súa man pra perpetuarse como clase baixa, que ten un orgullo de clase que lle fai teimar no seu prácido estado de borrachos. Se vostede coñece este país podería darme a razón ou corrixir os meus postulados.

  5. cesare | October 21st, 2007 at 4:36 pm

    E si, tamén é moi satisfactorio aproveitar as mañás do domingo e visitar os barrios da clase baixa.

  6. cossimo | October 21st, 2007 at 4:52 pm

    “Pero teño a sensación de que a clase baixa escocesa, a diferencia da galega, fai todo o que está na súa man pra perpetuarse como clase baixa, que ten un orgullo de clase que lle fai teimar no seu prácido estado de borrachos.”
    !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
    Non quero ofendelo pero penso que debería ferrar máis e non ler tanto o Telegraph e Libertad Digital. Ou dentro duns anos acabará esixindo o peche das saunas.
    Se non o sabe, dígollo eu: a clase alta (en Britain e en todas partes)tamén fai todo o que está na súa man pra perpetuarse como clase alta.
    Nunca estiven en Escocia. En realidade, case nunca saio da Ghalleira. Pero iso non me impide recoñecer a intelixencia da súa working class. É unha cuestión de puro sentido común. Non me vai dicir agora que traballar na City é máis honrado ca estar bébedo todo o día?

  7. cesare | October 21st, 2007 at 5:01 pm

    Asegúrolle que leo bastante menos Libertad Digital e o Telegraph ca vostede. E non puxen a honradez en xogo: a clase baixa galega loita por chegar a ser clase media; a escocesa dáme no fío do lombo que non. E insístolle: a clase alta interésame ben pouco.

    É unha percepción que en calquera momento podo mudar. Sen máis.

  8. cesare | October 21st, 2007 at 5:02 pm

    O peche das saunas… confunden o liberalismo con tantas cousas!!

  9. cossimo | October 21st, 2007 at 5:19 pm

    Ese é o grande problema: as realidades sociais non son perfumes. Limitarse a percibilas no fío do lombo é abrir á porta aos prexuizos e as simplificacións máis burdas e pechala a continuación.

  10. cossimo | October 21st, 2007 at 5:23 pm

    Ten razón: o “peche das saunas” debería ir en cursiva. Xa sei que hai xente que é liberal en toda a extensión da palabra e que mesmo practican o nudismo. É o que ten ler todos os días Libertad Digital: percibes unha visión sesgada do asunto.

  11. cesare | October 21st, 2007 at 5:23 pm

    Por iso lle pido a vostede, que tanto sabe, que me explique o que sucede antes de que cometa o pecado do cruel prexuízo.
    De por parte, os datos semellan estar do meu bando: http://www.guardian.co.uk/britain/article/0,,2195680,00.html

  12. cesare | October 21st, 2007 at 5:24 pm

    Mire que llo digo… debería de ler menos Libertad Digital…

  13. cossimo | October 21st, 2007 at 5:28 pm

    “Por iso lle pido a vostede, que tanto sabe,”
    Isto tamén debería ir en cursiva, non si?
    En todo caso, pídolle desculpas: con tantos anos de seminario é lóxico que non sexa quen de controlar esta tendencia a sermonear…

  14. cesare | October 21st, 2007 at 5:35 pm

    Non, non, non debería ir en cursiva… Son moito máis inocente do que vostede cre. Non ten de que disculparse: afortunadamente, despois do segundo comentario ninguén estraño lerá a nosa discusión, así que síntase entre amigos…

  15. cossimo | October 21st, 2007 at 5:36 pm

    “os datos semellan estar do meu bando”.
    Qué bando? O outro día insinuou que o sitúaba no bando errado.
    Vostede quere intentar facer ver que a clase baixa escocesa quere seguir sendo clase baixa e que todo está OK; no fondo, son ben máis interesante cós estirados que viven en Kensington. Eu, que teño o poder da omnisciencia, chamaríalle a isto paternalismo simpaticoide.

  16. cossimo | October 21st, 2007 at 5:39 pm

    Si, en certo sentido vostede lémbrame ao Lord Henry do retrato de Dorian Gray. En versión clase media pangalaica, of course.

  17. cesare | October 21st, 2007 at 5:42 pm

    Se hai algo que case me desespera é a inquedanza de determinada xente en ler o que non está escrito. Despois recapacito racionalmente e dígome que si, que os lectores sempre teñen a razón, pensen o que pensen e imaxinen o que imaxinen. Pero por curiosidade científica, gustaríame saber de onde interpretou vostede “e que todo está OK”.

    Sobre quen son máis interesantes, se os working class ou os posh de Embiburgo, remítome a Pim Fortuyn nun debate parlamentario: “que saberá vostede dos marroquís? Eu polo menos déitome con eles”.

  18. bushman | October 21st, 2007 at 5:44 pm

    Ese post me trouxe um pouco de Morrinha. Saudade da chuva e do frío, do cheiro do outono e o ficar na casa diante da tele, lendo un livro.
    Mas íalhe dizer eu o que é a gente ruda dos arrabaldos…

    Aparte disso, gosto de volver a me colgar de seu weblog.

  19. cossimo | October 21st, 2007 at 5:52 pm

    Ehmmm.. creo que citar a Pim Fortuyn non di moito a seu favor. Por moito que Le Pen se deite con todo o Magreb seguirá sendo un racista. Como o era o señor ese holandés. Por moito que un se deite con todo o sector do naval de Vigo, un poderá seguir sendo un reaccionario en lo económico y en lo social. E mesmo e probable que siga sendo o rei dos homófobos.

    “gustaríame saber de onde interpretou vostede “e que todo está OK”.”
    Non o interpreto: dáme no fío do lombo que é así (en cursiva).

  20. cesare | October 21st, 2007 at 5:56 pm

    Hahahahah, que previsíbel era que ía saltar co de Fortuyn. Lástima non poñer un aviso no comment que dixera: “non entre polo de fortuyn, que non paga a pena, que penso o mesmo que vostede e dous ovos duros…”. Pero nada, non me deu tempo.

    Vaia ao reumatólogo. O fío do seu lombo falla.

  21. cossimo | October 21st, 2007 at 6:01 pm

    De calquera xeito, cabe outra interpretación. A de que vostede cre que a clase baixa escocesa vive en estado de embriaguez permanente e de desleixo existencial porque a natureza a fixo así: fachendosamente bárbara.

  22. cossimo | October 21st, 2007 at 6:03 pm

    “Hahahahah, que previsíbel era que ía saltar co de Fortuyn”.
    “Son moito máis inocente do que vostede cre”.
    E aprende rápido, polo que se ve.

  23. cossimo | October 21st, 2007 at 6:05 pm

    E ve como non custa tanto entenderme. Son tan previsíbel…

  24. cossimo | October 21st, 2007 at 6:29 pm

    “Vaia ao reumatólogo. O fío do seu lombo falla.”
    Se cadra debería recomendarme un.
    E se quere páselle a factura ao meu psicoanalista. Xa me sinto moito mellor :)

  25. ro | October 23rd, 2007 at 7:49 pm

    pim fortuyn diría: “déitense xa e deixen de joder”

Leave a Comment