Xa había tempo que sentía ruidiños ás noites, pero esta mañá o ruxerruxe foi claro: algo corricaba por debaixo do sofá da habitación. Só tiven que mirar e agardar ao calado pra ver unha pequena boliña de pelo cunha cola como o amalló dun deportivo. Si, aproveitando a ausencia de Barataria, esta pequena criatura da natureza mudárase a vivir comigo.
Conseguín convencelo de que ía un día estupendo e que fose dar unha volta. A posibilidade de romper coa soidade non é mala de todo, pero axiña me veñen á cabeza Malthus e imaxino un día chovéndonos ratiños dende o faiado.
Alguén sabe un método ecolóxico (que non implique trafegar gatos por aeroportos) pra deter isto? Prégase confirmación ou rexeite.

Disuadilos de instalarse na túa casa
mediante o diálogo razoado.
Actualización: este pequeno amigo decidiuse suicidarse guindándose pola escaleira.
Prós seus compañeiros sigo pedindo consello…
Collelos e botalos fóra de bos modos.
un ghato, un ghato!!!
eso de que se “suicidou” non cola nin de coña…
confesa, cesare!
Probe cun trebello, acaso recubrindo o ferro cunha escuma para evitar traumatismos. En calquera caso, saiba que a eliminación de vectores infeccionsos non é impedimento para mellorar na seguinte reencarnación.
eu só coñezo un método ecolóxico, pero fan falta dúas persoas e dúas xestas. unha para asustalo e q saia do tobo e outra para “axestarlle” o golpe mortal.
logo soterralo no xardín con dignidade de xefe de estado.
convivencia pacífica e non se fale máis.
Mudarse a un barrio rico?
vau ter que ser co ratibron, nin rata nin rato, do contrario esqueza as honras de xefe de estado e vaia pensando nunha fosa común
raticida
Non entendo que mal fazem especimes de tan boa qualidade genética como parecem ter seus Mus musculus… Se tenho que lhe recomendar algo, o mais ecológico é a trampa co queixo de toda a vida. E non tema pelo cruel. Morrerá feliz.
Non fan mal ningún Bushman… ata que o seu medre poboacional acabe repercutindo na miña roupa e nos meus libros.
Encantoume o seu sistema, Ro, ;), pero cómpreme unha persoa que neste momento non teño.
E si, Orsinia, foi un suicidio. E mentiría se non recoñecese que estiven un pouco preocupado durante todo o día por, dalgunha maneira, obrigar o ratiño a que escollese entre baixar as escaleiras como a xente e suicidarse. Preocupado e cismón polo meu karma. Pero despois á noite xa me pasou.
Eu tiven ese problema en Compostela, cando vivía no Pexigo: solucioneino cunha especie de pegamento. Pareceume todo noxento: o bicho vivo e logo o seu cadáver.