Onte viñeron unhas visitas de Barataria e na súa ausencia tiven eu que atendelas. El é un punqui metido a cetreiro que vive nunha afastada aldea de guadalajara, e ela a súa moza enfermeira, que por un problema de pasaportes perdeu mozo, casa, gata e coche nos Estados Unidos. A conversa na precea, cea a horas intempestivas e postcea foi moi agradábel, e conseguimos atopar algunhas faíscas comúns.
Durante todo este tempo, dúas cousas foron constantes: a fumada de tabaco e a pregunta de onde podían pillar herba ou haxix. Eu estou moi apirolado nesa movida, e aínda que Barataria me mandou por correo algunhas recomendacións pra entrar no mercado negro, dubido que funcionen a tempo de eles estaren aquí. Pra combater a ansiedade, el desmonta nerviosamente os pitos dunha caixa de camel que trouxo de alá. Tíralle as frebas do tabaco, colle un papel de fumar, transfire as frebas do vello pito ao novo pachuzo, e líao. Ponlle unha boquela de cartón e acéndeo na sala onde vou durmir eu despois. É o meu placebo, sinala. E sorrí, calmado.


6 Comments to “adicción”

  1. sun iou miou | October 24th, 2007 at 8:13 pm

    Percíbese no texto un aquel coma que a
    alguén lle saía o fume polas orellas (e
    non era ao que fumaba…).

  2. Gonçalo Eanes Núnez | October 25th, 2007 at 12:51 am

    Escutaste os anúncios do PSdG-PSOE? Têm muitos que estão a dar na SER continuamente nas edições locais e da Galiza.

    Para mostra este:

    -VOZ DE MULHER JOVEM: Me dijo mi primo que podía tirar los plásticos al mar, que no pasaba nada.

    -VOZ DE HOMEM JOVEM: Pasa de tu primo. Cuida el Planeta.

    Acaba o anúncio dizendo PSdG-PSOE.

    O objectivo deste comentário não é fazer propaganda do PSdG-PSOE, mas é que os achei engraçados. COmo dizia, têm mais variantes mas todos eles acabam dizendo “Pasa de tu primo. Cuida el Planeta”. A referência a Rajoy não podia ser mais explícita.

  3. cesare | October 25th, 2007 at 1:24 am

    Vostede está a facer publicidade do PSOE, o que non sei é se a favor ou en contra. Tampouco me preocupa moito. Afortunadamente, estou nun sitio onde non se escoita a SER. E vívese taaaan feliz…

  4. peke | October 25th, 2007 at 11:15 am

    Vaia, que durmiches ben colacado. ;)

  5. cesare | October 25th, 2007 at 11:20 am

    Non ho, colocado non… Máis ben afumado coma os arenques, que non trouxeron drogaína polos controis nos aeroportos.
    E se non me mata o fume de polas noites hame matar o frío de polas mañás, cando boto horas coa fiestra e a xiada abertas, a ver se marcha un olor que non marcha.

  6. peke | October 26th, 2007 at 10:49 am

    Ah! Non entendera á primeira, manda caarallo. Tiven que volver ler o post. Agora comprendo o do placebo. Esta cabeciña…

Leave a Comment