PeneireiroPra acompañar os seus amigos por un periplo preguiceiro pola contorna, regresa fugazmente Barataria. Pouco tempo nos deixamos pró contacto: algúns paseos de mans dadas por st. andrews á procura de baleas no horizonte, uns minutiños antes de quedar durmidos no colchón inchable da sala, algúns momentos máis mentres rimos e facemos a casa aireando todo o fume que deixaron os amigos… Tamén algunhas herbiñas de sexo, rápido e intenso, en momentos furtivos, no coche de alugueiro ou no inchable.
Cando marcha co punqui cetreiro e coa enfermeira de volta no mesmo avión, teño a impresión de que, malia as dificultades loxísticas evidentes, esta relación vai pra longo. E anque me reconforte, o peso sobre os ombros asústame unha miga. Por iso, ao que os deixo no aeroporto quedo rapidamente cun rapaz en Glaspop, pra espabilarme. Pero ao igual que o control do peso da ave son fundamentais na cetrería e as aves demasiado mantidas non regresan ao puño, aquela habitación de estudante de informática, olendo a iso que olen as habitacións de estudantes de informática, amais das lorzas e dunha voz un tanto desagradábel, fan que me escuse malamente e dea a volta pola estrada.
Son un peneireiro demasiado cheo de felicidade nestes momentos.


2 Comments to “cetrería”

  1. ro | October 29th, 2007 at 7:39 pm

    oh, l’amour!

  2. Afonso | October 30th, 2007 at 12:59 pm

    Ola, meu.
    Otero dicía que el era como a aguia sempre a voar por Europa e acusaba a Cuevillas de ser da natureza da lapa ou do mexillón por nunca ter saído de Ourense, nin ganas que tiña.
    Quixera que os meus alumnos erguesen voo desde estas lagoas do sur do norte e que soubesen que Caledonia non é Calzedonia…

Leave a Comment