Hai uns meses vin este filme nun cinema de embiburgo, con belokan ao meu lado. Gustárame moito, creo lembrar, malia comprender só a quinta parte.
Agora, baixada na casa e complementada no outro 80% cos subtítulos en inglés, véxoa de novo. E flipo, flipo coas escenas, flipo cos detalles, flipo coa tenrura, flipo coa música e flipo co diálogo entre o mocito sueco e o vello ex-alcalde de NY, que procurarei aprender de memoria pra recitar cando o mundo abanee baixo os meus pés.
Si, este por fin é o meu filme favorito ever.


haha. non me surprende que este sexa seu filme favorito, ever. É uma pena o argumento, um pouco frouxo… Mas conxugar o porno light con ums diálogos críveis, non é sinxelo.
Argumento un pouco frouxo…?? oh, martinpawley, esíxolle que saia do corpor de Bushman in-me-dia-ta-men-te.
Ah, pero ten argumento?
O que é capaz de facer vostede por gañar o premio tarkovski do cineclube compostela… debería ter algo máis de moral,
O certo é que non ten nada parecido a un argumento. Mas as fellatios son moi profesionais.
Que ten de interesante a película? A mín tampouco me gustou, pero quixera ter outra opinión distinta razoada. Sobre todo porque a mín me parece que roza a inverosimilitude, ou non? Eso quixera eu saber.
na miña opinión é unha peli espectacular, e se eso o consiguen sen argumento (cousa discutíbel)… pois, para min, o dobre de espectacular
aparte, como xa che dixen, a escea que describes persoalmente está moi enriba do meu top de esceas que merecen estar nun top…
e suscribe esto unha persoa que o seu xénero cinematográfico favorito é o de pelis de coches volando polos aires
Meudeus, podo chegar a darlles a razón co do argumento, pero co das zugadas non. En absoluto. De feito, xa me pareceu mediomal a súa referencia ao porno light. Porno? Onde? Hai moito máis porno nas pelis de coches voando polos aires.
Arume, non sabería darlle a resposta: hai algo nese conxunto de personaxes que me peta dentro, co que me identifico, nas súas carencias, nos seus diálogos. Xa dende o comezo:
— Es pasiva ou activa?
— Desculpa?
— Si, refírome, na vida real…
— Isto é a vida real.