Ganso bicocurtoO obxectivo da saída en bici non era superar as millas do outro día, anque lle andou perto (34). Tratábase de aproveitar a probable última finde libre deste outono e engraxar os ollos de paisaxe. Tamén quería ver os gansos. Sabía que estaban aí, que é o tempo de velos cruzar, e cando me desvío polos campos entre thornhill e callander, aló aparecen. Primeiro riscando o ceo en formación, e logo xa un cento ou quizais dous entre as pallas abertas das colleitas pasadas, facendo ese ruído máxico e enxordecedor do canto e do bater das ás en voo, que me fai brillar os ollos como a nils holgersson.
En callander virei de novo ao leste. Xa pasara paisaxes de prado, de ovellas, e ducias e ducias de bagañas vermellas diferentes (acivros, cancereixos e demais rosáceas), e tamén subira por unhas costas de coníferas vellas, e toxos, pero estrañamente aínda non vira faisáns. Ao pouco collín unha pista entre as montañas, fermosísima, chea de outeiros e lombas, e ao deixar moi atrás xa o lene runrún do último motor (unha pequena rozadora de xardín), comezo a sentir o bater de ás axitado na beiravía. Ao primeiro non os vexo, só escoito o seu pánico, pero logo xa me vai coincidindo de cruzalos pola estrada, de ver como corrican polos campos, e de asustalos severamente cando tomo rápido unha curva pechada e eles están acobillados ao pé do arró: saen, berran, voan, declarándolles ao universo coas súas plumas de todas as cores que son demasiado fermosos pra morreren esmagados por unha bicicleta. Nun poste á saída da curva, agarda o seu momento un miñato: el tamén atopa fascinante o ruído do faisán.
Deixo atrás este combate e concéntrome en aguantar. É algo menos de distancia cá última vez, pero moito máis dura, e por fin chego a doune, e logo a dunblane, e como quero evitar a estrada párome pra mirar o mapa: pero as forzas xa non son moitas, e as zapatas de freo menos: boto o pé antes de que a bicicleta estea quieta, moito antes, e nun momento todo o mundo revira, e cae, e decátome de que entre a bicicleta e a estrada hai o corpo dun home, e de que son eu.
Así que dolorido emprendo as últimas cinco millas e cando chego a casa vexo o resultado no xeonllo e sobre todo no ombreiro: había maneiras menos dorosas de dicirme “estás vivo”, diaños.


6 Comments to “ombreiro”

  1. peke | November 4th, 2007 at 8:51 pm

    :)

  2. cesare | November 4th, 2007 at 8:57 pm

    ve como é vostede mala? eu aquí a sufrir e vostede a rir…

  3. kaplan | November 5th, 2007 at 12:31 am

    outra vez comprobo os nosos paralelismos literarios: selma lagerloff e nils holgersson (nada me estraña xa, señor)

  4. sun iou miou | November 5th, 2007 at 11:43 am

    Desde xeonllo a ombreiro aínda lle quedou
    corpo abondo ileso: man para escribir e
    cachola para barrenar cando menos. Ánimo,
    que xa está para outra.

  5. peke | November 5th, 2007 at 12:47 pm

    Non son mala, es ti que me malinterpretas. Era un sorriso solidario!! Case coma unha caricia, recoiro!!

  6. Spav | November 5th, 2007 at 10:57 pm

    Non adoito a comentar. Perdoa polo offtopic son máis ben lurker x)

    Opaco calzoume un meme, non se parece en nada a un meme, por iso pásocho, bueno, por iso e porque che tocou no sorteo particular…

    as reglas aquí: http://verbas.wordpress.com/2007/11/05/oito-lugares-con-encanto/

    Saúde!

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans